jueves, 22 de enero de 2015

A nosa descición



A DESCRICIÓN
1-   DEFINICIÓN :
Consiste en explicar como é un ser , obxecto , lugar ou fenómeno do mundo imaxinario ou real.
2-   TIPOS DE DESCRICIÓN :
-      Segundo a actitude da persoa emisora :
Pode ser obxectiva cando: Infórmase  do descrito con precisión axustandose á realidade ou subxectiva cando: Infórmase do descrito introducindo as sensacións

-      Segundo a finalidade :
Pode ser literaria cando:O autor/a transmite a súa maneira persoal de ver as cousas mediante un punto de vista subxectivo,
científica: Exprésanse de maneira obxectiva e coa maior  exactitude e claridade posible, ou xornalística: Preséntase a descrición de  sucesos con  finalidade informativa.

-      Segundo o que se describe :
-      Descrición de persoas: cando describimos persoas, e nos centramos no seu aspecto físico(prosopografía), en cuestións de tipo moral(etopea) ou facer ambas cousas a un tempo(retrato). Descrición de lugares(topografía). Descrición de obxectos ou animais(zoografía). Descrición dun período de tempo caracterizando os elementos sociais e culturais dese período(cronografía). Descrición de realidades abstractas.
                 

3-   CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS DESCRITIVOS :
Son abundantes os sustantivos que designan os obxectos da realidade , e tamén os adxectivos, que explican como son eses obxectos. A comparación é un recurso que aparece con frecuencia nos textos descritivos. Outro aspecto relevante é o uso correcto dos signos de puntuación.
A descrición realizase seguindo unha orde determinada. Do xeral ao particular, de arriba abaixo, esquerda a dereita … Para indicar esa orde úsanse os conectadores, sobre todos aqueles que sitúan os obxectos no espazo: á dereita, ao fondo, nos dous lados …
Abondan os verbos copulativos, en detrimento  dos que indican acción ou movemento, e os tempos mais utilizados, dependendo do tipo descrición, son o presente e o copretérito. A sintaxe é sinxela, con predominio da coordinación.
4-   COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE PERSOAS :
Seleccionamos os trazos que mais destacan. Seguir unha orde na presentación dos elementos. Comenzar a escribir. Pararse nas cuestións lingüísticas: Uso de sustantivos precisos modificados por adxectivos ou frases. Procurar usar metáforas e comparacións para aclarar mellor. Tamén se poden usar hipérboles e personificacións. Pulir as cuestións lingüisticas (evitar repeticións, fixarse na puntuación, comprobar os conectadores … )
5-   COMO SE FAI A DESCRICIÓN DE ESPAZOS :
-      Non se pretende ser obxectivo nin precisos
-      Selecciónase coidadosamente os datos máis destacables pero non se profunda neles porque so se pretende crear sensacións no lector.

No hay comentarios:

Publicar un comentario