miércoles, 17 de diciembre de 2014

historia correxida

Nun día outro calquera, Xerbasio, Clarisa, Aurelio e Estefanía  foron estudar á  biblioteca  para o exame dos diferentes pintores famosos do século XIX.
Nisto Xerbasio atopou un libro sobre Van Gogh, o seu pintor favorito.
Cando o abriu decatouse que do libro caeu un anaco dun mapa para encontrar a orella de Van Gogh.
Seguindo o mapa  chegaron a un museo de arte e neste, atoparon unha sala segreda. Nela eles atoparon un teleporter e accidentalmente tropezáronse e caéronse dentro. Ao entrar nel apareceron nunha cidade perdida en Holanda no século XIX, alí para conseguir o anaco que falta do mapa tendrán que superar probas postas polos deuses das antigas relixións e para pasalas teñen que viaxar no tempo a diferentes cidades como Mesopotamia e Exipto, e deben enfrontarse aos seus  adversarios, os xemelgos Saúl e Pedro, ademais, na viaxe  atópanse con dúas grandes mascotas que son: Chícharo atopado na Mesopotamia e o loro Xerafín en Exipto. Eles foron batendo probas e recollendo as súas pistas.

                Cando   xa encontraran a parte final do mapa teletransportáronse de novo a Holanda,  onde tamén estaban  Saúl e Pedro, pero a estes faltáballes unha parte do mapa e non podían ir na busca do gran tesouro de Van Gogh, en cambio, eles sí. E despois de 2 horas buscando Chícharo atopou algo, era a orella de oro de Van Gogh, cando a colleron teletransportaronse de novo ao museo e non lle contaron a ninguén a súa aventura.

1 comentario: