Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GALEGO. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de febrero de 2015

miércoles, 17 de diciembre de 2014

historia correxida

Nun día outro calquera, Xerbasio, Clarisa, Aurelio e Estefanía  foron estudar á  biblioteca  para o exame dos diferentes pintores famosos do século XIX.
Nisto Xerbasio atopou un libro sobre Van Gogh, o seu pintor favorito.
Cando o abriu decatouse que do libro caeu un anaco dun mapa para encontrar a orella de Van Gogh.
Seguindo o mapa  chegaron a un museo de arte e neste, atoparon unha sala segreda. Nela eles atoparon un teleporter e accidentalmente tropezáronse e caéronse dentro. Ao entrar nel apareceron nunha cidade perdida en Holanda no século XIX, alí para conseguir o anaco que falta do mapa tendrán que superar probas postas polos deuses das antigas relixións e para pasalas teñen que viaxar no tempo a diferentes cidades como Mesopotamia e Exipto, e deben enfrontarse aos seus  adversarios, os xemelgos Saúl e Pedro, ademais, na viaxe  atópanse con dúas grandes mascotas que son: Chícharo atopado na Mesopotamia e o loro Xerafín en Exipto. Eles foron batendo probas e recollendo as súas pistas.

                Cando   xa encontraran a parte final do mapa teletransportáronse de novo a Holanda,  onde tamén estaban  Saúl e Pedro, pero a estes faltáballes unha parte do mapa e non podían ir na busca do gran tesouro de Van Gogh, en cambio, eles sí. E despois de 2 horas buscando Chícharo atopou algo, era a orella de oro de Van Gogh, cando a colleron teletransportaronse de novo ao museo e non lle contaron a ninguén a súa aventura.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

A HISTORIA COMEZA


Os catro aventureiros en busca da orella de Van Gogh



Esta é a historia de catro aventureiros chamados: Xerbasio, Aurelio, Clarisa e Estefania, que irán acompañados por un loro e un can, na procura da orella de Van Gogh valorada en 100.000.000 euros). Mais  os xemelgos Pedro e Saúl intentaran facerlles a viaxe imposible! E veranse na obriga de superar unha morea de probas para acadar o seu obxectivo.